Concello de Carnota
Víndemo Ver 2016
Historia e Patrimonio
Praias de Carnota
Situación do Concello
box_festas

Auxiliares de axuda no fogar 2017

Luns, 26 Xuño 2017

Publicadas as bases xerais e específicas reguladoras da convocatoria de concurso para a creación dunha listaxe de candidatos/as de auxiliares de axuda no fogar.

Obxecto da convocatoria: a convocatoria ten por obxecto a selección de traballadores/as, mediante concurso de méritos e entrevista persoal, co fin de crear unha listaxe para a provisión de postos de traballo de auxiliar de axuda no fogar, que se cubrirán mediante contratación laboral temporal, para atender as posibles necesidades do Servizo de Axuda no Fogar do Concello de Carnota

Os interesados/as poden consultar as bases no apartado de contratación- selección de persoal da web do Concello de Carnota www.concellodecarnota.gal, ou no taboleiro de anuncios do Concello, o chamando o telefono 981857032

 

   

Convocatoria de subvencións para a mellora de establecementos comerciais 2017

Venres, 16 Xuño 2017

A Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia convoca subvencións para a mellora de establecementos comerciais  en 2017 (ORDE do 1 de xuño de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a mellora da imaxe, acondicionamento e modernización dos establecementos comerciais retallistas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 - DOG  núm. 113, do 15 de xuño de 2017)

En concreto, consideraranse subvencionables as seguintes actuacións:

1.-  Proxectos de modernización integral do local comercial incluídos nun proxecto técnico de decoración e interiorismo.

Para o conxunto destas actuacións, o investimento máximo subvencionable será de 30.000 € (IVE excluído) e o investimento mínimo, de 15.000 € (IVE excluído). A porcentaxe de subvención será o 50 % do investimento máximo subvencionable.

   

Socorristas de praias 2017

Martes, 13 Xuño 2017

Publicadas as bases xerais e específicas reguladoras da convocatoria de concurso para a creación dunha listaxe de candidatos/as de socorristas de praias 2017.

Obxecto da convocatoria. A  convocatoria ten por obxecto a selección mediante concurso de valoración de méritos e unha entrevista persoal, de traballadores/as para crear unha listaxe para o posto de Socorristas de praias, a efectos de cubrir a eventual oferta deste Concello no exercicio 2017.

Os interesados/as poden consultar as bases no apartado de contratación- selección de persoal da web do Concello de Carnota www.concellodecarnota.gal, ou no taboleiro de anuncios do Concello, o chamando o telefono 981857032

 

   

Cartel gañador do I Concurso de Carteis. Carnota: Concello libre de LGTBIFOBIA

Martes, 06 Xuño 2017

CARTEL GAÑADOR
   
Guía de Hostelería
Senda Verde
Oficina de Turismo
Directorio Telefónico

O tempo en Carnota

Mar Mer Xov Ven
Feed RSS