Concello de Carnota
Víndemo Ver 2016
Historia e Patrimonio
Praias de Carnota
Situación do Concello
box_festas

Información recollida de voluminosos, RAEE e cascallos

Venres, 01 Setembro 2017

BANDO
   

Programa de inverno das actividades deportivas e culturais

Venres, 01 Setembro 2017

Dende o Departamento de Cultura e Deportes do Concello de Carnota damos a coñecer a programación para o curso escolar 2017/2018 cunha variada e ampla oferta de actividades dirixidas tanto para os máis pequenos como para as persoas adultas. O prazo de inscrición é dende o 4 ao 18 de setembro, no Rexistro Xeral do Concello.

A programación deportiva crece cada ano máis. Para os nenos, seguimos coas actividades estrela como son Patinaxe, Predeporte, Fútbol, Taekwondo, Ven Bailar con Nós! e Voleibol; e as novidades deste ano son Baloncesto, Iniciación ao hóckey e Atletismo. Os adultos poderanse inscribir, igual que o ano anterior, en Zumba, Step e Voleibol; e as novidades deste ano son Baloncesto, Running, Ximnasia de Mantemento e Ximnasia de Mantemento para maiores de 65 anos. O curso comeza o luns 2 de outubro.

Dentro da Escola Municipal de Música ofértanse clases grupais e individuais de Linguaxe Musical, Iniciación Musical, Música para Adultos, Combos, Coral, Orquestra Orff, Harmonía e  Composición, Coro Infantil, Grupo de Música Tradicional e unha gran variedade de instrumentos (guitarra, piano, baixo eléctrico, guitarra eléctrica, saxofón, clarinete, gaita,  pandeireta, percusión tradicional, frauta, frauta traveseira e canto).A partir dos 4 anos toda persoa pode apuntarse, aprender e gozar da música nas novas instalacións municipais do Viso. O curso comeza o 2 de outubro de 2017, cunha reunión para entregar os horarios e demais cuestións.

Hai un par de curso que puxemos a andar a Escola Municipal de Teatro, para todas as idades, e queremos volver ofertar a actividade. Os horarios e grupos organizaranse en función das inscricións recibidas.

A Axencia de Lectura Municipal oferta, un curso máis, a actividade Venres Lúdicos, un programa de dinamización lectora na infancia con actividades variadas orientadas a estimular o hábito lector e a achegar ós nenos e ás nenas participantes ao mundo do libro e da lectura dun xeito lúdico.  A actividade desenvólvese os venres, de 16:30h a 18:30 h, na Axencia de Lectura Municipal (organizaranse grupos e quendas en función das solicitudes recibidas). A data de comezo é o 20 de outubro.

CARTEL

 

   

XXVI Carreira das Areas do Concello de Carnota

Venres, 07 Xullo 2017

Xa está aberto o prazo de inscrición da XXVI Carreira das Areas do Concello de Carnota, a 8º proba incluída no IV Circuíto Correndo pola Costa da Morte.

A data elixida este ano é o día 20 de agosto. A meta estará colocada na Praza de Galicia, de onde sairán todas aquelas persoas que desexen participar nesta peculiar proba. Na competición poden participar tanto nenos (dende os 3 anos) como adultos.

As inscricións realizaranse a través da páxina web www.championchipnorte.com ata o mércores 16 de agosto ás 23:59 h.

A solicitude de inscrición para os deportistas menores de idade deberá ir acompañada dunha autorización paterna, segundo o modelo establecido pola organización. O dito modelo poderase descargar na páxina web www.championchipnorte.com e tamén estará á vosa disposición no Departamento de Deportes do Concello de Carnota.

O horario de apertura das mesas para a recollida de dorsais será ás 08:00 h na Casa do Concello. Os dorsais e chips poderanse recoller ata 30 minutos antes do inicio da proba.

A recadación das inscricións da proba de 3km irá destinada á Asociación Provincial Contra o Cancro. Todas aquelas persoas que desexen contribuír, sen participar na carreira, poderán facelo inscribíndose no apartado FILA 0 que aparecerá na web www.championchipnorte.com

   

Torneo de volei praia Carnota

Mércores, 05 Xullo 2017

A Praia de Lariño acollerá a que será a terceira proba do Circuíto Galego de Volei Praia 2017 para as categorías base, dende alevín, infantil e cadete ata a Sub 19.

O sábado 8 de xullo competirán as categorías infantil e Sub 19, mentres que o domingo día 9, será a quenda dos apartados alevín e cadete. A proba puntuará dentro do Circuíto Galego.

Recordamos que o mércores 12 de xullo, na mesma Praia de Lariño, realizarase unha actividade de volei praia aberta a todos os públicos. Inscríbete no Departamento de Deportes do Concello, antes do luns 10.

 

   
Guía de Hostelería
Senda Verde
Oficina de Turismo
Directorio Telefónico

O tempo en Carnota

Mar Mer Xov Ven
Feed RSS