Concello de Carnota
Víndemo Ver 2016
Historia e Patrimonio
Praias de Carnota
Situación do Concello
box_festas

Ordenanza Municipal de usos de praias

O Concello de Carnota anuncia a exposición ao público da Ordenanza municipal de usos das praias, que o Pleno da Corporación aprobou inicialmente na sesión do 18 de de marzo de 2016.

En cumprimento do artigo 49 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, as persoas e as entidades interesadas dispoñen dun prazo de trinta días soltos para presentar as suxestións e reclamacións que xulguen oportunas. De non habelas, entenderase aprobado definitivamente. O texto da ordenanza está a dispor do público premendo AQUÍ

Comentarios  

 
0 #12 Scottdek 21-11-2017 13:05
Hello. http://jakshgy773733.us
Citar
 
 
0 #11 Guestpooca 17-11-2017 11:34
guest test post
bbcode
html
http://gdhyuei23kol.com/ simple
Citar
 
 
0 #10 Mirco 24-05-2016 12:44
Hola: Cuando corro y paseo por la playa de Carnota, a veces tengo que soportar que vengan los perros a incordiar. Incluso alguna vez me han mordido y todo. Lo curioso es que todos los dueños de los perros me hechan la culpa de este hecho. Me dicen:"Nunca se ha comportado así.Esto es muy raro." O dicen también: "Hace esto porque le tienes miedo, y ellos huelen el miedo" El caso es que el perro que me mordió ya había tenido comportamientos violentos antes, y que algunos de estos perros son de gran tamaño. Algunos incluso sobrepasan la altura de mi cintura.
Citar
 
 
+3 #9 Xoan Carlos 13-05-2016 10:59
O feito de que en zonas do noso litoral permítase o acceso con animais domésticos supón un plus para os visitantes, do cal dou fe, coñezo a moita xente que elixe Carnota por iso, e senón preguntar a xente que vive do turismo, adaptarse a toda a normativa existente sobre o benestar e os dereitos dos animais e, por tanto, ser cidades modernas, ten un gran impacto económico, por favor, viaxar por país máis civilizados que o noso e abrir os ollos.
Citar
 
 
+3 #8 Xoan Carlos 13-05-2016 10:58
Aínda que no son nativo de Carnota, dende fai dez anos, temos unha vivenda neste Concello, elixímolo para pasar o noso tempo libre polo que todos sabemos, que non fai falla que conte, pero entre outras opcións, pola posibilidade de pasear polos seus areais cos meus cans, onde moitos nativos teñen ese costume, meus maiores problema son co concello, estafáronme dende o primero día, concedendo a licenza de primeira ocupación por silencio administrativo, a una edificación sen terminar, non facendo unha recollida selectiva do lixo, a cal pagamos relixiosamente, tendo como vistas un local municipal abandoado, vertedoiro de lixo, e que falar da recollida e limpeza do lixo da Praia, de permitir que os coches entren nos areais, tampouco podemos pedir máis, o que si parece que importa a corporación, é “las caquitas de los perritos”, calquera que a visite ve que non hai ese problema, pois que sepan que son da miña familia, e pola miña familia loito ata o final.
Citar
 
 
0 #7 Fuchancas 04-05-2016 14:55
Ola: Ola;Eu suelo correr e andar muito pola praia de Carnota,e muitas veces veñen os cans a molestar. E alguns son de gran tamaño. Incluso fai años o can dun peluquero de Carnota mordiume na praia. E cando fun o centro médico de Carnota, a practicante de aqueles anos fixome mirando para o peluquero que non era nada.E nin siquera me falou da posibilidad de por unha denuncia.
Citar
 
 
+4 #6 Mónica Casas 04-05-2016 11:02
¿Que é o que importuna: a presenza do animal ou o seu comportamento? Hai que educar ás persoas no respecto ós demais e dar exemplo desde o concello de que ninguén debe ser apartado. Os donos dos cans son os reponsables dos actos das súas mascotas e polo tanto deben actuar dacordo as leis xa existentes que regulan dabondo a presenza e circulación dos animais polas vías e espazos públicos, non son necesarias máis restricións; o que hai que evitar son os abusos por parte de calquera.... Hai que saber construir espazos de convivencia, non instaurar zonas de exclusión. Parece mentira!!!
Citar
 
 
+4 #5 Mónica Casas 04-05-2016 11:02
parece mentira que nun concello que presume de “corenta e dous quilómetros de litoral cun total de trinta e tres praias, unha delas duns 7 km de lonxitude” non foran quen de atopar un espazo no que os cans poidesen estar na necesaria compaña dos seus donos sen interferir con aqueles que desexan gozar dun día na praia sen ser amolados polos animais. ¡¡¡Parece mentira!!! Parece mentira que non sexan capaces de ver o problema real, que a xente esté de vacacións e non queira ser molestada é lóxico, pero ¿que é o que realmente molesta: que as persoas coman na praia ou que deixen os restos tirados? ¿debemos prohibir comer nos areais?
Citar
 
 
+5 #4 Mónica Casas 04-05-2016 11:01
Parece mentira que se poida ser tan retrógrado, parece mentira que esta prohibición se faga hoxe en día nun concello do que son veciña. e por un goberno supostamente progresista, parece mentira que se poida mostrar tal falta de sensibilidade ante as novas formas de unidade familiar, ¡¡¡é que parece mentira!!! parece mentira que se decida negar o acceso ás praias ás persoas que desenvolven o seu tempo de ocio e desfrute en compaña dos seus seres queridos e que desta forma vense obrigadas a trasladarse a outro concello máis avanzado para poder pasar un día de descanso coas súas mascotas; é que, por máis que o penso, ¡¡¡parece mentira!!!
Citar
 
 
+17 #3 David 12-04-2016 10:40
Non acabo de entender con qué lexitimidade moral se pode prohibir que un can disfrute de un espazo natural que é de todos, como unha praia. Pero, en todo caso, igual tíñades que comezar preocupándovos de manter as dunas e os entornos un pouco decentes, que parecen vertedoiros, e iso non é polos cans, se non polos porcos de 2 patas.

Paréceme ben que se sancione ós donos irresponsábeis, que non se comportan como deben (que son os menos, normalmente a xente que leva ós cans a praia ten bastante educación), pero que nun concello do rural coma Carnota, con moitos kilómetros de praias, se prohiban porque a catro "pijos" lle asusten o neno, manda carallo.

Con esta sensibilidade, calquer día véxovos organizando "touradas".
Citar
 

Escribir un comentario


Código de seguridade
Refescar

Guía de Hostelería
Senda Verde
Oficina de Turismo
Directorio Telefónico

O tempo en Carnota

Xov Ven Sab Dom
Feed RSS