Concello de Carnota
Víndemo Ver 2016
Historia e Patrimonio
Praias de Carnota
Situación do Concello
box_festas

Convocatoria de subvencións para a mellora de establecementos comerciais 2017

A Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia convoca subvencións para a mellora de establecementos comerciais  en 2017 (ORDE do 1 de xuño de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a mellora da imaxe, acondicionamento e modernización dos establecementos comerciais retallistas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 - DOG  núm. 113, do 15 de xuño de 2017)

En concreto, consideraranse subvencionables as seguintes actuacións:

1.-  Proxectos de modernización integral do local comercial incluídos nun proxecto técnico de decoración e interiorismo.

Para o conxunto destas actuacións, o investimento máximo subvencionable será de 30.000 € (IVE excluído) e o investimento mínimo, de 15.000 € (IVE excluído). A porcentaxe de subvención será o 50 % do investimento máximo subvencionable.

2.-  Proxectos de renovación e mellora da imaxe comercial, sempre que impliquen unha renovación clara e directa da imaxe do establecemento comercial.

Para esta liña de actuación o investimento máximo subvencionable será de 60 € (IVE excluído) por metro cadrado da superficie de exposición e venda do local comercial e o investimento mínimo do conxunto das actuacións subvencionables, de 3.000 € (IVE excluído), no caso de que a superficie de exposición e venda sexa igual ou superior aos 50 metros cadrados. Nos establecementos comerciais cunha superficie de exposición e venda inferior a 50 metros cadrados o investimento mínimo do proxecto subvencionable non poderá ser inferior a 1.500 € (IVE excluído).

O investimento máximo para o conxunto das actuacións é de 9.000 € (IVE excluído).

A porcentaxe de subvención será o 40 % do investimento máximo subvencionable.

Beneficiarios/as: o establecemento debe estar dado de alta nalgunha das epígrafes do IAE que se relacionan no anexo II da convocatoria e  esta debe constituír a súa actividade principal.

Escribir un comentario


Código de seguridade
Refescar

Guía de Hostelería
Senda Verde
Oficina de Turismo
Directorio Telefónico

O tempo en Carnota

Mar Mer Xov Ven
Feed RSS